Restaurante Coteliño – Silleda

Restaurante Coteliño é unha empresa familiar que dende 1986 ofrece unha ampla variedade de especialidades a base de carnes e peixes, destacando aqueles pratos preparados á grella, como o churrasco, que goza de fama entre os nosos clientes.

Contamos cunhas instalacións de máis de 1000 metros cadrados entre as que se suman tres comedores, zona de cafetería e área de lecer. Organizamos banquetes nos que a calidade dos nosos pratos se une a un servizo marcado por unha atención personalizada aos nosos clientes.

fin3

Celebracions

As amplas instalacións de Coteliño son propicias para albergar eventos de gran concorrencia calquera día da semana, sen que isto interfira de modo algún na atención e servizo cotián de comedor diario.

Celebracións e Grandes eventos

Contamos con máis de 1000 metros cadrados divididos en tres salas independentes con capacidade para 300, 250 e 150 persoas, ademais de cafetería. En Restaurante Coteliño somos especialistas na celebración de vodas, bautizos, comuñóns, aniversarios, reunións de empresa, excursións, despedidas, etc, pois ao longo dos anos adquirimos gran experiencia neste tipo de eventos, ofrecéndolle un servizo áxil e de calidade, para que garde un recordo inolvidable dese día especial.

Instalacións

Unha ampla explanada disposta como área de estacionamento facilita o acceso para os vehículos. Estando ao lado da estrada N-525 e na saída da autoestrada AP-53 é ideal para autocares, camións e turismos.

Dispoñemos dunha área de lecer para os máis cativos con columpios e tobogán, así como mobiliario infantil, a isto engadímoslle un entorno acompañado de árbores para que os rapaces poidan divertirse e entreterse. Unha detalle que Restaurante Coteliño ten para os seus clientes.

Restaurante

A cociña de Restaurante Coteliño destaca pola calidade dos produtos que chegan á súa mesa ofrecéndolle o mellor da nosa gastronomía, destacando entre as nosas propostas as carnes, especialmente á grella, como o churrasco. Outros dos pratos que elaboramos con esmero e que contan con gran aceptación entre os nosos comensais máis asiduos son as diversas variedades de peixes. E para as grandes cerimonias, non poden faltar exquisitos pratos de marisco.

Menú do día

A ubicación a carón da transitada estrada N-525, que comunica Santiago de Compostela con Ourense, favorece o acceso de comensais que se atopan de paso e mesmo de traballadores que solicitan xantares económicos e abundantes. Por iso, en Restaurante Coteliño poñemos á súa disposición menús do día caseiros e moi asequibles.

Reseñamos a nosa ampla zona de aparcamento, que propicia a presenza de traballadores, excursionistas e transportistas.

Cheques empresa para xantar

Cada vez máis, procúranse novas vías que faciliten aos clientes o pago das súas comidas, de maneira que non teñan que preocuparse dos cartos á hora de degustar un bo prato. Por iso, en Restaurante Coteliño aceptamos igualmente, e para a súa comodidade, o pago tanto en metálico como en tarxeta de crédito.

Nos últimos anos estase a incrementar o uso de cheques restaurante entre as empresas para facilitar o pago das dietas correspondentes ao xantar dos seus traballadores. En Restaurante Coteliño prestamos todas as facilidades aos nosos comensais diarios, aceptando tanto bonos “Cheque Gourmet” como “Ticket Restaurant”.

chg