Turismo

O sector hostaleiro de Silleda contribúe de xeito significativo a por en valor os grandes atractivos históricos, naturais, culturais e gastronómicos da terra de Trasdeza. O último tramo da Vía da Prata, que pasa por Silleda, convida aos visitantes a realizar un alto no camiño para coñecer de preto reclamos coma o Mosteiro de Carboeiro ou as Fervenzas do Toxa.

Descubrá o arte, patrimonio, festas, romarías, paisaxes… paraxes de gran beleza que non poderá deixar de coñecer. Sendeiros de gran beleza natural que percorren o Concello de Silleda mostrando ese encanto rural que esperta un sentimento único, o orgullo de ser de aldea.

Toda esta información e demais servizos que complementarán a súa estadía poderá atopalos na web oficial de turismo www.turismosilleda.es.